The Brain-Changing Benefits of Exercise | Wendy Suzuki | TED

The Brain-Changing Benefits of Exercise | Wendy Suzuki | TED

TED

0:00 Translator: Alejandra Pazos Reviewer: traduceTED USC

0:04 E se vos dixera que hai algo que podedes facer agora mesmo

0:08 que tería un efecto positivo e inmediato no voso cerebro,

0:12 no voso humor e concentración?

0:15 E se vos dixera que pode durar moito tempo

0:21 e protexer o voso cerebro de varias enfermidades

0:23 como a depresión, o alzhéimer ou a demencia?

0:27 Fariádelo?

0:29 Si!

0:30 Estou a falar dos poderosos efectos da actividade física.

0:35 O simple feito de mover o corpo

0:37 ten efectos inmediatos, protectores e de longa duración no cerebro.

0:43 E poden durar o resto da vosa vida.

0:45 Hoxe quero contarvos unha historia

0:48 sobre como empreguei os meus coñecementos de neurociencia,

0:52 como profesora de neurociencia,

0:54 basicamente para facer un experimento comigo mesma

0:57 no que descubrín os fundamentos que explican

1:00 por que o exercicioé o máis transformador

1:04 que podedes facer hoxe polo voso cerebro.

1:06 Agora ben, como neurocientífica sei que o noso cerebro,é dicir,

1:11 o que hai dentro da nosa cabeza agora

1:13 mesmo,é a estrutura máis complexa coñecida pola humanidade.

1:18 Pero unha cousaé falar do cerebro

1:21 e outraé velo.

1:23 Aquí podedes ver un cerebro humano real conservado.

1:26 Mostra dúas áreas chave das que imos falar hoxe.

1:30 A primeiraé o córtex prefrontal, xusto detrás da fronte,

1:34 fundamental para a toma de decisións, concentración, atención ou personalidade.

1:40 A segunda área chave atópase no lobo temporal, que vemos aquí.

1:45 Tendes dous lobos temporais no cerebro, o dereito e o esquerdo,

1:48 e no fondo do lobo temporal hai unha estrutura chave

1:50 queé crucial para a capacidade

1:52 de formar e reter novos recordos a longo prazo sobre feitos e sucesos.

1:57 Esa estrutura chámase hipocampo.

2:00 O hipocampo sempre me cativou.

2:04 Como pode ser que un suceso que dura só un intre,

2:08 coma o primeiro bico

2:11 ou o nacemento do primeiro fillo,

2:14 poida formar unha lembranza que cambie o cerebro

2:17 para toda a vida?

2:20 Isoé o que quero entender.

2:22 Quería rexistrar a actividade de neuronas individuais

2:27 no hipocampo mentres os suxeitos formaban novos recordos.

2:31 E tentar descifrar como eses estalidos de actividade eléctrica,

2:36 queé como as neuronas se comunican unhas con outras,

2:39 como eses estalidos ou ben nos permitían formar unha lembranza, ou non.

2:44 Pero hai uns anos fixen algo pouco habitual en ciencia.

2:47 Como catedrática de neurociencia,

2:49 decidín cambiar completamente o meu programa de investigación.

2:54 Foi porque atopei algo tan incrible

2:58 con potencial para mudar tantas vidas

3:01 que tiña que estudalo.

3:03 Descubrín e experimentei cambios no cerebro debidos ao exercicio.

3:09 E fíxeno de xeito totalmente accidental.

3:13 A verdadeé que estaba no cume do meu traballo sobre a memoria,

3:16 non paraba de xurdir información,

3:18 estaba facéndome coñecida no meu campo con todo este traballo da memoria.

3:23 E tería que ir xenial.

3:25 Cientificamente, ía xenial.

3:27 Pero cando asomei a cabeza fóra do meu laboratorio

3:31 decateime de algo.

3:33 Non tiña vida social.

3:34 Pasaba demasiado tempo escoitando a esas neuronas

3:37 nun cuarto escuro eu soa.

3:39 (Risas) Non movía nada o corpo.

3:43 Gañara 10 quilos.

3:45 E levoume moitos anos decatarme

3:48 de que era moi infeliz.

3:50 E non debería ser infeliz.

3:51 Fun soa a unha excursión de balsismo porque non tiña vida social.

3:56 E volvín (Risas) pensando: "mi madriña, a máis débil da excursión era eu".

4:02 E volvín cunha misión.

4:03 Dixen: "nunca máis me vou sentir a persoa máis débil

4:06 nunha excursión de balsismo".

4:07 E iso fíxome ir ao ximnasio.

4:09 E centrei a miña personalidade de tipo A

4:13 en ir a tódalas clases de exercicio no ximnasio.

4:16 Probei todo.

4:18 Fun a kickboxing, baile, ioga, clases de step,

4:22 e o comezo foi moi duro.

4:24 Pero decateime de que tras cada adestramento

4:29 o meu estado de ánimo e enerxía melloraban moitísimo.

4:33 E iso facíame seguir indo ao ximnasio.

4:36 Comecei a me sentir máis forte.

4:38 Comecei a me sentir mellor e ata perdín eses 10 quilos.

4:42 Agora, despois dun ano e medio con este programa de exercicio,

4:48 decateime de algo que me fixo erguerme e prestar atención.

4:51 Estaba redactando a solicitude dunhas axudasá investigación

4:54 e veume un pensamentoá mente

4:56 que nunca me viñera antes.

4:59 E ese pensamento era

5:01 "Que ben vai hoxe a redacción de solicitudes de axudas!"

5:04 E tódolos científicos...

5:05 (Risas) Tódolos científicos se rin cando o digo

5:09 porque redactar de solicitudes nunca vai ben.

5:11 tan difícil, que queres arrincar os pelos da cabeza

5:14 tentando pensar nunha idea millonaria.

5:17 Pero deime conta de que as solicitudes ían ben

5:20 porque era quen de concentrarme e manter a atención

5:25 durante máis tempo que antes.

5:27 E a miña memoria a longo prazo, o que estaba a estudar no meu laboratorio,

5:32 parecía funcionarme mellor.

5:35 Entón atei cabos.

5:37 Se cadra todo o exercicio que lle engadiraá miña vida

5:42 cambiara o meu cerebro.

5:43 Se cadra fixera un experimento comigo sen sequera me decatar.

5:46 Como boa neurocientífica curiosa,

5:48 funá bibliografía a ver que atopaba sobre o que se sabía

5:52 dos efectos do exercicio no cerebro.

5:54 E atopei un incrible e crecente número de fontes

5:58 que ilustraban todo o que eu notara en min mesma.

6:02 Mellor humor, enerxía, memoria e atención.

6:07 E canto máis aprendía,

6:09 máis me decataba do poderoso que era o exercicio.

6:12 Isto acaboume levandoá gran decisión

6:15 de mudar completamente o enfoque da miña investigación.

6:19 E agora, varios anos despois de centrarme nesta cuestión,

6:24 chegueiá seguinte conclusión: o exercicioé o máis transformador

6:31 que podedes facer hoxe polo voso cerebro

6:33 polas tres razóns seguintes.

6:35 Número un: ten efectos inmediatos no voso cerebro.

6:39 Adestrar unha soa vez

6:41 aumentará inmediatamente os niveis de neurotransmisores

6:44 como dopamina, serotonina e noradrenalina.

6:48 Iso mellorará o voso humor xusto ao rematar o adestramento,

6:51 exactamente o que eu sentía.

6:53 O meu laboratorio amosou que un só adestramento

6:55 pode mellorar a vosa capacidade para desprazar e centrar a atención,

6:59 e esa mellora na concentración durará polo menos dúas horas.

7:03 Finalmente, os estudos amosan

7:05 que un só adestramento mellorará a vosa velocidade de reacción,

7:08 o que significa que ides ser máis rápidos collendo a cunca de Starbucks

7:13 que está a caer da barra,

7:14 e isoé importantísimo.

7:16 (Risas) Pero estes efectos inmediatos son transitorios, axudan no momento.

7:22 Tendes que facer o que fixen eu,

7:24 cambiar o voso plan de exercicio, aumentar a función cardiorrespiratoria

7:28 para obter os efectos de longa duración.

7:30 Estes efectos son de longa duración

7:32 porque o exercicio cambia de verdade a anatomía do cerebro,

7:37 a súa fisioloxía e a súa función.

7:39 Comecemos coa miña área favorita do cerebro, o hipocampo.

7:43 O hipocampo, ou máis ben o exercicio, crea novas neuronas,

7:49 novas neuronas que aumentan o seu volume

7:54 ao tempo que melloran a memoria a longo prazo,

7:58 a vosa e máis a miña.

8:01 Número dous: a descuberta máis común nos estudos de neurociencia

8:05 sobre os efectos do exercicio a longo prazoé a mellora

8:09 na función de atención que depende do córtex prefrontal.

8:12 Non só obtedes mellor concentración e atención

8:15 senón que o volume do hipocampo tamén aumenta.

8:18 E finalmente, non só obtedes efectos inmediatos no humor co exercicio,

8:23 senón que duran moito máis.

8:25 Obtedes incrementos de longa duración neses neurotransmisores do bo humor.

8:31 Pero, en realidade,

8:33 o máis transformador do exercicioé o seu efecto protector do cerebro.

8:39 Podedes pensar no cerebro coma nun músculo.

8:42 Canto máis adestredes,

8:43 máis grandes e fortes se volven o hipocampo e o córtex prefrontal.

8:49 Por queé importante?

8:50 Porque o córtex prefrontal e o hipocampo

8:53 son as dúas áreas máis susceptíbeis ante as enfermidades neurodexenerativas

8:59 e a deterioración cognitiva normal da idade.

9:02 Así que con máis exercicio ao longo da vosa vida

9:05 non ides curar a demencia ou o alzhéimer,

9:08 pero si ides facer

9:11 o hipocampo e o córtex prefrontal máis grandes e fortes

9:14 polo que a estas enfermidades lles levará máis tempo facer efecto.

9:19 Entón, podedes pensar no exercicio

9:21 coma nun superplan de pensións para o voso cerebro.

9:27 Eé aínda mellor, porqueé de balde.

9:31 Esteé o momento da conferencia en que todo o mundo di:

9:34 "Que interesante, Wendy, pero só me importa unha cousa.

9:39 Só quero que me digas a cantidade mínima de exercicio

9:42 que preciso para obter estes cambios."

9:44 (Risas) Así que vou responder a esa pregunta.

9:48 Boas novas: non hai que ser triatleta para obter estes efectos.

9:53 Como regra xeral, hai que adestrar tres ou catro vecesá semana

9:57 durante un mínimo de 30 minutos por sesión

10:01 e hai que facer exercicio aeróbico.

10:04 dicir, acelerar o ritmo cardíaco.

10:05 E a boa novaé que non precisades ir ao ximnasio

10:08 e pagar unha cota carísima.

10:10 Engadídelle unha volta máisá vosa camiñada.

10:13 Se vedes escaleiras, subídeas.

10:16 Pasar a aspiradora a bo ritmo pode ser tan bo

10:19 coma a clase de aeróbicá que queriades ir no ximnasio.

10:23 Pasei de pioneira da memoria

10:27 a exploradora do exercicio.

10:29 Pasei do funcionamento máis recóndito do cerebro

10:33 a tentar entender como o exercicio pode mellorar o funcionamento do cerebro

10:37 e o meu obxectivo no meu laboratorio agora mesmoé

10:40 ir máis alá da regra xeral da que falei

10:43 --3 ou 4 vecesá semana, 30 minutos--.

10:45 Quero entender a cantidade óptima de exercicio

10:50 para vós,á vosa idade, coa vosa condición física

10:54 e cos vosos antecedentes xenéticos,

10:56 para maximizar os efectos do exercicio hoxe

11:00 e tamén para mellorar o cerebro e protexelo o mellor posible

11:05 durante o resto da vosa vida.

11:07 Pero unha cousaé falar de exercicio e outraé facelo.

11:11 Vou empregar o meu poder como instrutora de exercicio cualificada

11:15 para pedirvos que vos levantedes.

11:16 (Risas) Imos facer un só minuto de exercicio.

11:20 Facede o que eu faga e dicide o que eu diga

11:24 e tende coidado de non lle pegar ao veciño.

11:27 Música!

11:28 (Música animada) Cinco, seis, sete, oito, dereita, esquerda, dereita, esquerda.

11:34 E digo: agora son forte.

11:39 Agora vós.

11:40 Público: agora son forte.

11:43 Wendy Suzuki: mozas, son forte coma a Muller Marabilla.

11:47 Agora vós.

11:48 Público: son forte coma a Muller Marabilla.

11:51 WS: movemento novo, gancho, dereita e esquerda.

11:54 Agora estoume motivando.

11:57 Tócavos!

11:58 Público: agora estoume motivando.

12:01 WS: último movemento, cara a abaixo, dereita e esquerda, dereita e esquerda.

12:05 Estou que me saio!

12:08 Agora vós.

12:10 Público: estou que me saio.

12:13 WS: Xa está!

12:15 Ben feito!

12:16 (Aplauso) Grazas.

12:23 Vouvos deixar cunha última idea.

12:25 Incluír o exercicio na vosa vida

12:29 non só vos protexerá e vos fará máis felices hoxe

12:34 senón que tamén protexerá o voso cerebro de enfermidades incurables.

12:39 E dese xeito mudará a traxectoria da vosa vida

12:44 para mellor.

12:45 Moitas grazas.

12:46 (Aplausos) Grazas.

12:51 (Aplausos)

Study with Looplines Download Captions Watch on YouTube